Dende a Limia
01:03 h. Domingo, 20 de Agosto de 2017

Cruz Vermella de Xinzo organiza unha nova masterclass solidaria

O. Ferreiro | 12 de Junio de 2017 (22:25 h.)

Cruz Vermella de Xinzo celebraunha nova edición da súa "masterclass solidaria" o vindeiro día 29 de xuño ás 20:00 horas na Praza de San Roque, contando de novo coa colaboración de Fusión Fitness.

A inscripción para participar neste evento será un boleto de lotería do Sorteo do Ouro.

Esta formación consistirá en sesións de zumba, aerotono e C.K.B impartidas por Tania Cardenal e Daniel Raya. Contarase coa presenza de Disco Móvil Chery que amenizará coa súa música cada unha das sesións. Ademáis tamén se poderá presenciar unha actuación de "minizumba".

A inscripción para participar neste evento será un boleto de lotería do Sorteo do Ouro –cun prezo de 5 €– e poderase conseguir en Fusión Fitness S.L, na Cruz Vermella de Xinzo ou en Centro Sport.