Dende a Limia
08:39 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Os dous campamentos deportivos de Xinzo xa están en marcha

O. Ferreiro | 04 de Julio de 2017 (15:11 h.)
Algúns dos asistentes máis pequenos aos campamentos.
Algúns dos asistentes máis pequenos aos campamentos.

No díade onte, luns, deron comezo os campamentos de verán de Xinzo de Limia: o deportivo e o urbano-deportivo. O anunciado campamento cultural non puido levarse finalmente a cabo, por non recadar as inscripción mínimas necesarias.

Contarase cun total de 20 monitores e monitoras.

Un total de 145 rapaces e rapazas nados entre o 2012 e o 2004 participarán nesta primeira quincena. Segundo informa o edil do ramo, Luis Miguel Gil, trátase dun récord absoluto de participación.

IMG_20170703_112721[1]

Contarase cun total de 20 monitores e monitoras que cubrirán as disciplinas de atletismo, baloncesto, fútbol, orientación, ximnasia deportiva e xogos populares. A estas especialidades hai que engadir, na modalidade urbano-deportiva, as artes plásticas. Os participantes rematarán a xornada, todos os días, nas piscinas municipais exteriores. Así memso, están programadas excursións ao Hipódromo de Antela para os máis pequenos e a Cerceda para os maiores.

IMG_20170703_112549[1]

Estes campamentos, como en anos anteriores, organizaos a Concellería de Cultura, Deportes, Educación, Festexos e Xuventude de Xinzo de Limia coa colaboración dos clubes A. B. Xinzo, A. D. Limiactiva e E. D. C. Xinzo.