domingo 22.09.2019

Os equipos do A.B.Xinzo e EDC Xinzo seguirán contando con transporte a cargo do Concello

Tamén confirman dende a Concellería de Deportes que se seguirá ofertando Ximnasia Ritmica
69121287_479044536159618_4900029098815913984_n
69121287_479044536159618_4900029098815913984_n

A concelleria de Deportes do concello de Xinzo de Limia ven de anunciar na súa páxina oficial de facebook que tanto os equipos pertencentes ao A.B. Xinzo de baloncesto como da EDC Xinzo seguirán contando durante esta tempada 2019/20 con transporte a conta do Concello.

Así mesmo informan que tamén se seguirá ofertando, coa colaboración de EDC Xinzo da actividade de Ximnasia Rítmica.

DATAS DE INSCRIPCIÓN E PREINSCRIPCIÓN

Nestes días informar´ase das datas para facer a inscripción e preinscripción nás diferentes actividades

Os equipos do A.B.Xinzo e EDC Xinzo seguirán contando con transporte a cargo do Concello