Dende a Limia
01:03 h. Sábado, 21 de Octubre de 2017

Final entre o EDC Xinzo e o AD Bosco este sábado na Peroxa

O. Ferreiro | 08 de Junio de 2017 (22:42 h.)
1º memorial de fútbol 8 "Toñito Maestro" no campo da Moreira en Xinzo de Limia. | Foto: Xesús Fariñas
1º memorial de fútbol 8 "Toñito Maestro" no campo da Moreira en Xinzo de Limia. | Foto: Xesús Fariñas

Este sábado, ás 11:00 horas, no campo d'O Marco d'A Peroxa disputarase a final do Torneo de Fútbol Base Prebenxamín organizado pola Federación Galega de Fútbol.

O equipo dirixido por David Carnero e Óscar Castro buscará aumentar o palmarés.

E nesta importante final, hai presenza limiá. O título disputarase entre os equipos A. D. Bosco e E. D. C. Xinzo.

O equipo dirixido por David Carnero e Óscar Castro buscará aumentar o palmarés nesta tempada despois de conquerir o subcampionato da Copa Deputación, o subcampionato no do Pavillón, medalla de prata no de Xinzo e os campionatos nos torneos de Arrabaldo, Oira e Verín.

Unha tempada redonda que se completou co convite a o torneo do Deportivo da Coruña.