miércoles 21.08.2019

O I “Cros de Antioquía”, Campionato provincial de Campo a Través

A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que se disputará o día 24 de febreiro

Presentación co I Cros de Antioquía na sala de xuntas da Deputación de Ourense. Asisten Rosendo Fernandez (Vicepresidente Deputación), Luis Miguel Gil (Concelleiro deportes Concello de Xinzo), Felipe Traveso (Alcaldede Sandiás), Ángel Fidalgo (Delegado de atletimos de Ourense), Jorge Vázquez (Xerente Hipódromo de Antela) e Óscar Gómez (DIrectivo Asociación Deportiva Limiactiva).
Presentación co I Cros de Antioquía na sala de xuntas da Deputación de Ourense. Asisten Rosendo Fernandez (Vicepresidente Deputación), Luis Miguel Gil (Concelleiro deportes Concello de Xinzo), Felipe Traveso (Alcaldede Sandiás), Ángel Fidalgo (Delegado de atletimos de Ourense), Jorge Vázquez (Xerente Hipódromo de Antela) e Óscar Gómez (DIrectivo Asociación Deportiva Limiactiva).

O hipódromo de Antela acollerá o vindeiro domingo, 24 de febreiro, a primeira edición da proba atlética “Cros de Antioquía” que está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e será Campionato Provincial de Campo a Través absoluto, individual e por equipos. A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o concelleiro de Deportes de Xinzo de Limia, Luis Miguel Gil; o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso; o delegado provincial da Federación Galega de Atletismo, Ángel Fidalgo; o xerente do Hipódromo de Antela, Jorge Vázquez; e o director deportivo da Asociación Deportiva Limiactiva, Óscar Gómez.

A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que pretende converterse co tempo “nun dos mellores eventos atléticos do noroeste de España”, sinalou Rosendo Fernández, quen felicitou á asociación Limiactiva por organizar esta actividade que “fomenta a práctica do deporte, dinamiza o territorio e contribúe a poñer en valor infraestruturas como o hipódromo de Antela”.

Presentación co I Cros de Antioquía na sala de xuntas da Deputación de Ourense. Asisten Rosendo Fernandez (Vicepresidente Deputación), Luis Miguel Gil (Concelleiro deportes Concello de Xinzo), Felipe Traveso (Alcaldede Sandiás), Ángel Fidalgo (Delegado de atletimos de Ourense), Jorge Vázquez (Xerente Hipódromo de Antela) e Óscar Gómez (DIrectivo Asociación Deportiva Limiactiva).O I “Cros de Antioquía”,organizado pola Asociación Deportiva Limiactiva, contará con “preto de 200 participantes con carreiras para tódalas categorías, desde sub 10 ata absoluta, e comezará a partir das 10.30 horas, rematando coa categoría absoluta que será a máis numerosa”, explicou Óscar Gómez. Os percorridos varían por categoría e van desde os 1.000 metros de distancia aos 6.000 metros. Os interesados en participar teñen de prazo para inscribirse ata mañá a través da páxina web www.carreirasgalegas.com.

Pola súa parte, o concelleiro de Deportes de Xinzo de Limia dixo que é un evento que nace “nunha datas moi significativas para a nosa terra, durante o Entroido, e nunhas instalacións magníficas para acoller unha proba de cros”, e engadiu que “somos a capital do deporte como vila en moitas competicións e berce de bos atletas”. Neste mesmo sentido, o alcalde de Sandiás dixo que desde o seu concello “sempre pretendemos fomentar o deporte e máxime cando se celebra no noso municipio” e convidou a todo o mundo a asistir a este evento do que “gozarán os participantes pero tamén o público”.

Este primeira proba, “comezo dunha longa serie de cros, será a proba de fogo para comprobar as instalacións e o noso nivel organizativo, cunha carreira masculina moi numerosa con máis de 150 participantes co cal veremos como responde o terreo”, sinalou Ángel Fidalgo. En canto ao hipódromo de Antela o seu xerente destacou a capacidade destas instalacións “porque o concepto de hipódromo a nivel nacional e internacional non só se dedican ás actividades ecuestres, senón que teñen que ter tamén unha acción social máis directa sobre toda a poboación e o de Antela recolle as condicións especiais para acoller este tipo de probas”.