Sábado 16.02.2019

II Ginga de Capoeira Xinzo de Limia

O  Sábado 9 de febrero de 16 a 19:00

Grupo de capoeira de Xinzo de Limia
Grupo de capoeira de Xinzo de Limia

Cartel Evento II Ginga XinzoNo pavillón de deportes de Xinzo este sábado  desenrolarase a II Ginga Capoeira. A mesma será dirixida polo Instructor Sasqwat e supervisada polo Mestre Mestrando Camugerê ambos pertencentes a asoc. Deportiva Andaruê.

Nesta II Ginga, espérase que participen máis de 100 persoas, algunas delas procedentes de Portugal, Italia e de otras partes de fora de Galicia.

O evento deportivo/cultural "II Ginga de Capoeira Xinzo de Limia" chega por segunda vez á Comarca e con máis forza que o ano anterior. A tarde do 9 de febreiro de 2019, celebrarase a gradación, é dicir, o cambio de corda dos alumnos do Instrutor Sasqwat, quen fai máis de 5 anos dedícase a difundir a nenos e adultos da Provincia de Ourense a práctica da Capoeira, arte marcial afro brasileira que mestura danza, cultura e deporte.

Esta edición da capoeira conta coa colaboración da concellería de Deportes de Xinzo, así como de diversos locais e empresas da vila.

A asociación  busca promocionar a través desta arte marcial a saúde física e mental, así como reforzar os valores do respecto, o compañeirismo e a disciplina.