lunes 21.10.2019

José A. Cid, Pablo J. Gómez e Roberto García campións de "chave"

No V memorial "Manolo Santana" 2019
José A. Cid, Pablo J. Gómez e Roberto García campións de "chave"

O día 18 de Xullo, festa da Santa Mariña, patroa da parroquia de Xinzo de Limia, levouse a cabo, como ven sendo tradicional dende fai varios anos, o memorial “Manolo Santana” do xogo da chave.

Manolo Santana, que foi presidente da comisión de festas patronais de Xinzo durante máis dunha década, tiña entre as súas preferencias este xogo popular e tradicional, de gran arraigo na vila. Por iso, dende o seu pasamento, o Concello de Xinzo de Limia veu amosándolle a il e aos seus familiares o seu agradecemento e conservando a súa  memoria con este memorial do xogo tradicional da chave, que este ano chegou á súa quinta edición.

Participan cada ano uns  vintecinco participantes, con enorme camaradería e clima de amizade.  De feito ademáis dos trofeos que reciben, comparten o premio en metálico que lles corresponde aos tres gañadores, pois  dedícano a confraternizar nunha cea de grupo e amizade. Nesta edición o gañador foi José Antonio Cid Medeiros,  quedando segundo e terceiro, respectivamente, Pablo Javier Gómez Díaz e Roberto García Taboada. Os gañadores recibiron os trofeos de mans de Luís Santana, fillo do homenaxeado e do Concelleiro de Deportes  Rafael Penabad.