Sábado 19.01.2019

Limiactiva presentou a campaña 18/19

No Casino Antelano, ante os seus atletas, familiares e amigos

premiados ranking
premiados ranking

A Asociación Deportiva Limiactiva presentou a tempada 2018-2019 nun acto no Casino Antelano o pasado sábado día 15 de decembro, ó que asistiron unha boa representación da súa masa social, familiares e amigos.

Despois de facer un pouco de memoria do traballo realizado na tempada pasada, lembrando os resultados acadados e probas e actividades organizadas tanto de atletismo como orientación, entregáronse os premios do Ranking Limiactiva 2018, que premia os socios da escola de atletismo e absolutos con maior puntuación durante a tempada.

Tamén se entregaron os premios do Concurso da Postal de Nadal e do Concurso de Tortilla Limiactiva, que logo pasaron a formar parte dos pinchos que se ofreceron ós asistenten ó acto.

limiactiva

Esta asociación conta con preto de 150 socios, que participan regularmente na súas actividades, e adícase principalmente ós deportes de atletismo e orientación, ademais de organizar outro tipo probas deportivas e actividades das que podemos destacar os talleres de robótica, radio, primeiros auxilios e salvamento deportivo.