Dende a Limia
19:34 h. Sábado, 18 de Noviembre de 2017

Máis de 500 participantes no III Memorial Toñito Maestro de Xinzo

O. Ferreiro | 13 de Septiembre de 2017 (18:16 h.)
Toñito maestro 2017
Toñito maestro 2017

Este sábado, día 16 de setembro, terá lugar o III Memorial Toñito Maestro de fútbol 8. A terceira edición deste torneo celebrarase nas instalación deportiva municipais da Moreira e terá tres categorías: alevín, benxamín e prebenxamín.

Este evento acollerá en Xinzo de Limia a máis de medio milleiro de participantes.

No campionato daranse cita un total de trinta equipos pertencentes a unha decena de clubes deportivos de toda a provincia de Ourense. Xa que logo, este evento acollerá en Xinzo de Limia a máis de medio milleiro de participantes, que xogarán case sesenta partidos.