Dende a Limia
02:15 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Nova edición do partido de fútbol "a prol da igualdade"

O. Ferreiro | 15 de Noviembre de 2017 (21:50 h.)

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso xunto coa  Cruz Vermella de Xinzo de Limia, o Centro de Información á Muller e o Concello de Xinzo de Limia, únense para levar a cabo a III Edición do Partido de Futbol "A prol da igualdade" en conmemoración do Día Internacional contra a Violencia cara as Mulleres.

Os equipos serán mixtos, podendo participar tanto homes coma mulleres coas mesmas oportunidades e categorías.

O partido terá lugar o vindeiro día 25 de novembro ás 16:00 horas no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia e os equipos serán mixtos, podendo participar tanto homes coma mulleres coas mesmas oportunidades e categorías.

As inscripcións para participar poderán formalizarse de xeito individual no Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, situado na Praza Maior nº 1 da capital da Limia.