miércoles 23.10.2019

O Antela viaxa ata Allariz

No segundo "derbi" da tempada
O Antela viaxa ata Allariz

Na procura de puntos en Allariz. O Antela afronta o segundo "derbi" da tempada con todo o plantel dispoñible. Cáense da convocatoria Pablo Forri, Modou e José Ángel. O Allariz ten un equipo moi traballado e consolidado na categoría, ten xogadores de renome e antóllase un partido moi intenso e competido. Os antelistas chegan coa moral intacta logo de dúas vitorias consecutivas. O partido será mañá domingo ás 17:30 no Cid Carriega.