lunes 26.08.2019

O CONTO DE NUNCA ACABAR

ANTELA 2 AMANECER 2

O CONTO DE NUNCA ACABAR

Bo partido dos branquinegros que dominaron o 75% do partido ante un rival que se está a xogar a supervivencia na categoría.

No primeiro tempo dous golazos de Carlos levaban a alegría á bancada. Despois do descanso Enio por dúas veces mandou o coiro á madeira e Carrasco nun man a man non soubo atinar. No 73 nun saque de banda chegou o gol visitante para poñer o nerviosismo no Generali e no 95 chegou o empate. No final do encontro Rivero foi expulsado por protestar.

O partido de onte foi fiel reflexo da tempada. Bo fútbol, adiantámonos no marcador e o equipo logra remontar. Inmadurez, psicoloxía e oficio; materias pendentes para os branquinegros.