Martes 18.06.2019

Presentación da tempada 18/19 da Asociación Baloncesto Xinzo

O venres 21 a partir das 19:00

O próximo día 21 de decembro do 2018, no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia e a partir das 19:00 da tarde, terá lugar a presentación das categorías basee das escolas deportivas nos centros escolares cós que mantén un convenio de colaboración na tempada 2018-2019 así como dós patrocinadores e colaboradores que os  apoian para que o soño do baloncesto se manteña vivo.

 ACTIVIDADES DE CONVIVENCIA

Previamente haberá unha  serie de actividades de convivencia destinadas para os nenos e nenas   máis pequenos das categorías de minibasket e das escolas de baloncesto nos diferentes centros escolares co seu posterior acto de presentación e dos diferentes sorteos dos premios das rifas do Nadal do club.

Estas actividades de convivencia comezarán ás 17:00 con partidos e xogosata a chegada dos país e invitados que será sobre  as 19 horas. Os xogadores deben acceder á pista pola parte inferior, coa vestimenta do club e deben colocarse no sitio sinalizado para o comezo dos actos. Tras unha breve  presentación do acto.faránse as diferentes fotografías oficiais dos equipos que forman a escola.

Logo presentaranse aos patrocinadores e colaboradores para rematar esta segunda parte cos sorteos dos diferentes premios  donados por locais da vila e comarca. Para finalizar e antes do comezo dos apertivos e clasura da presentación, faráse entrega dunha camiseta asinada polo xogador da ACB do Breogán, Salvo Arco, ao xogador ou xogadora que máis rifas vendeu.