miércoles 23.10.2019

Primeira vitoria do Antela na tempada 19/20, e fora da casa

Loñoá 1 Antela 4

Primeira vitoria do Antela na tempada 19/20, e fora da casa

Cómoda vitoria dos branquinegros na Carabina. Na primeira metade un gol de Joni na estratexia supuxo unha vantaxe pola mínima para chegar ó intervalo.

Na segunda os antelistas mostráronse moi superiores e a través de Xosé, un gol en propia do Loñoá e Pedro Castro leváronse os puntos. A tres minutos do final chegou o gol da honra dos locais dende o punto de penalti.

Tres primeiros puntos para o Antela que estivo acompañado por 30 afeccionados  no partido de hoxe. Nesta semana chegarán dúas fichaxes máis