Dende a Limia
21:59 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

A PROBA GALEGA DE MTBO CELEBRARÁSE NA LIMIA

| 14 de Junio de 2018 (21:12 h.)

O domingo 17 de xuño celébrase a proba galega de orientación en bicicleta de montaña da LIGA GALEGA DE MTBO 2018 en Xinzo de Limia

A proba realizarase nas Areeiras da Limia, comezando ás 10:30 da mañá,máis concretamente comenzando no campo de “A Moreira”. Cada poucos minutos sairán participantes en busca das súas balizas. Participarán 100 bikers en todas as categorías: desde iniciación ata veteranos.

Todas as carreiras serán de competición menos as dos nenos e meniñas de iniciación, que poderán ir en grupos coas súas familias. Ao finalizar o evento os primeiros de cada categoría recibirán a súa medalla.

Para máis información podense consultar as páxinas www.Fegado.es ou www.Limiactiva.com

Patrocinan e organizan o Concello de Limia, o Concello de Sandiás, o Concello de Vilar de Santos, LIMIACTIVA, Telemiño, La Región, SEMECOR, o FEDO, o FEGADO, a Deputación de Ourense e a Concellería de deporte e xuventude do Concello de Xinzo de Limia.