Dende a Limia
05:57 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Os rapace e rapazas do campus de futbol foron de visita

| 30 de Junio de 2018 (19:24 h.)

Como remate do campus de futbol que durou unha semana os 107 participantes trasladáronse onte  pola mañá, en autobús e acompañados polos monitores,ás instalacións deportivas do Celta de Vigo en Balaidos, para alí ademais de visitar  todas as dependencias incluída a sala de trofeos, recibir a  última sesión de adestramento , esta vez da man de monitores da propia Fundación.

IMG-20180629-WA0009

Unha das visitas máis impactantes foi a de presenciar a sala de prensa, tendo a oportunidade algúns deles de tomar asento no lugar que habitualmente ocupan o adestrador e xogadores do primeiro equipo, momento que recolle a instantánea.

Unha vez rematada a visita e chegados a Xinzo remataron  o Campus do 2018, que contou con un número récord de participantes, nenos e nenas.

IMG-20180629-WA0007