martes 16.07.2019

Rematou o torneo "Vilas" de minibasket

Organizado polo club A.B. Xinzo

Foto de familia dos xogadores do A.B. Xinzo
Foto de familia dos xogadores do A.B. Xinzo

Pasadas as 19:30 procedeuse a entrega de medallas e agasallos a tódolos participantes no torneo de Vilas de Minibasket, que un ano máis e van once, organiza o club A.B. Gamallo-Xinzo.

Estiveron presentes na entrega de medallas a alcaldesa Elvira Lama e o concelleiro Manuel Pérez. Cada participante recibiu unha medalla, ademais de moitas chuches e cada club participante unha placa conmemorativa do seu paso por Xinzo.

IMG_20190622_192733

Equipo de pre-mini do A.B.Xinzo

O club, na súa conta de facebbok manifesta:

Dende o A.B Xinzo queremos agradecer a tod@s pola participación e polo esforzo de todos o xogadores, adestradores, árbitros, pais, nais, patrocinadores, institucións e sobroetodo os voluntarri@s que fixerón posible esta xornada de armonización e compañerismo.

Solo podemos decir que xa estamos traballando para que a templada 2019/20 sexa inda mellor, ademáis temos que ter en conta que o TORNEO DE MINIBASKET VILAS vai cumplir 10 anos, o cal estamos pensando en moitas sorpresas.

O EUIPO INFANTÍL FEMININO XOGARÁ A FINAL DO TORNEO DE VILA REAL

O equipo de infantíl feminino do A.B. Xinzo que esta tempada participou na liga galega, está xogando un torneo en Vila Real de Baloncesto, e segundo nos comunicou o seu adestrador e ex-concelleiro de deportes Luis Miguel Gil, xogarán mañá pola mañá a final do torneo.