Domingo 20.01.2019

Rematou o día do “baby basket” no pavillón de Xinzo

Asistiu o alcalde e o vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto

IMG_5584Dende as nove e media da mañá os equipos participantes  de diferentes concellos e clubs da provincia “xogaron” a baloncesto. Nos partidos non había marcador e o único que se pretendía era que fose a festa do baloncesto mini.

IMG_5575Rematados os partidos entregáronselle unha medalla conmemorativa a cada xogador ou xogadora ademais de outros agasallos.

As medallas foron entregadas polo alcalde López Casas, o Vicepresidente da Federación, o concelleiro de deportes Luís M. Gil e a representante do cub A.B. Gamallo de Xinzo, que nesta categoría presentou o seu equipo A e B.

IMG_5574

IMG_5600