Domingo 24.03.2019

Resultado case esperado do Antela na visita ao Pontellas, líder da competición

Seguen os malos resultados e as abundantes baixas

48390140_593663327736550_5164470617482723328_n
48390140_593663327736550_5164470617482723328_n

CD PONTELLAS -ANTELA FC 5- 0

En vinte minutos resolveu o líder Pontellas o partido. Tres chegadas, tres goles. Antes diso Joni tivo opción de marcar o 0-1.

Na segunda os locais incrementaron a distancia nun córner para completar a goleada mediante un penalti preto do fin.

Ata sete xuvenís tiveron minutos, Manu e Antón como titulares. Foi a única nova positiva ante un rival de moito poderío.