lunes 26.08.2019

Rubén Diz campión galego dos 10 km na proba celebrada en Xinzo

Iria Fernández, campiona  galega dos 10 km, tamén na carreira celebrada en Xinzo

Rubén Diz campión galego
Rubén Diz campión galego

O atleta galego campión do mundo máster en Málaga o ano pasado e limiao de orixe, Rubén Diz (Ourense Atletismo) cun rexistro de 32:32 e Iria Fernández (ADAS Proinor) con 39.26, proclamáronse  campións galegos absolutos do Campionato de Galicia de 10 km. ruta que no día de onte  acolleu o concello de Xinzo de Limia.

Xunto eles estarían no podio galego José Canda  (A. Arenteiro) e Javier Paredes (Burgas Ourense) na categoría masculina e Sonia Teijeiro e Victorina Losada, ambas do Burgas Ourense, na categoría feminina respectivamente.

IMG_1903

Cun día fantástico para a celebración desta proba arrincou ás 10.40 horas. O  campionato disputouse  conxuntamente ca Carreira Popular Xinzo de Limia.

Os gañadores no resto de categorías foron  os seguintes:

 Sub20. Paula María Castro-Gil (Lucus CRG) e Diego Barros (Comesaña S.C.)

 Sub23. Aida Martínez (A. Porriño) e Alvaro Suárez (Co.do Miño)

 Senior. Begoña Domínguez (A. Arenteiro) e Antonio Teijido (Verxel N.)

 Máster35. Iria Fernández ADAS Proinor e José Canda (A.Arenteiro)

 Máster40. Ana Belén Hermida (Mochila) e Rubén Diz (Ourense Atletismo)

 Máster45. Sonia Teijeiro (Burgas A.) e José Carlos Ferreira (CAR Marisqueiro)

 Máster50. Sole Castro (Comesaña S.C.) José Manuel Fernández (ADAS Proinor)

 Máster55. Mar Barcón (Mochila) e Saturnino González (Ourense A.)

 Máster60. María Elisa Paz (Egovarros V.) e Antonio Fraga (A.Milladoiro)

 Máster65. Mª Pilar Marquiz (A. Sada) e Domingo Alvarez (Egovarros V.)

Rubén Diz campión galego dos 10 km na proba celebrada en Xinzo