Dende a Limia
11:02 h. Jueves, 29 de Junio de 2017

Este sábado comeza o VII torneo de baloncesto "Vilas de Ourense"

O. Ferreiro | 08 de Junio de 2017 (22:36 h.)
O Pavillón Municipal acollerá o torneo "Vilas de Ourense".
O Pavillón Municipal acollerá o torneo "Vilas de Ourense".

Este sábado, a partir das 10:30 horas, dará comezo a VII edición do torneo "mini-premini-baby" de baloncesto "Vilas de Ourense" no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia.

Participarán un total de 17 equipos con máis de 200 participantes.

Participarán un total de 17 equipos con máis de 200 participantes, todos eles dos clubes das vilas ourensás de Allariz, O Barco de Valdeorras, Barbadás, Maside, Verín e Xinzo de Limia.

O campionato está organizado polo Club A. B. Xinzo en colaboración co consistorio e a Deputación de Ourense. Este torneo xa é un referente no calendario do fin de tempada, antes da chegada do verán. "Trátase dunha xornada de convivencia onde se reinvidica o deporte no rural", afirma o edil do ramo, Luis Miguel Gil. Xogos na piscina e agasallos para os participantes complementarán a xornada.

Ás 19:00 horas está prevista a cerimonia de entrega de premios.