martes 19.11.2019
ANTELA 2- PEROXA 1

Terceira vitoria consecutiva do Antela no fortín da Moreira

Vitoria loitada baixo a chuvia
Terceira vitoria consecutiva do Antela  no fortín da Moreira

Baixo a chuvia e o vento os pupilos de Miguel Alonso conseguiron os tres puntos. Na primeira parte o sempre desequilibrante Rivero fixo o 1-0 nun lategazo dende a frontal. Na segunda, logo dun saque de curruncho de Carrasco Figueiredo marcou o segundo no pau longo. Cara o final, os peroxistas acortaron  distancias e puxéronlle emoción aos últimos minutos. Con esta vitoria os branquinegros suben na táboa colocándose  a dous puntos do segundo posto,  nunha categoría na que o Verín e o Molgas sobresaen nos extremos da clasificación.