Jueves 23.05.2019
ANTELA FC 2 UD BARBADÁS 0

A terceira vitoria do Antela chegou co Oleiro

Partido moi completo dos nosos que borraron a mala imaxe mostrada a semana pasada. Os azuis nunca tiveron opción de rascar algo do fortín branquinegro

A primeira parte foi dominada polos pataqueiros cun fútbol combinativo "made in Moisés". Produto disto Carlos tivo dúas claras desviadas por un fenomenal Borja. Á media hora de xogo unha internada de Joni foi culminada por Xoel Crespo. Ata o 41 non tivemos noticias do Barbadás. Ocasión de Dani Chimpín.

Na segunda máis do mesmo. No 48 roubo na medular e acción culminada por Breogán que estreaba a súa conta goleadora. Era o 2-0. Pouco despois Joni, moi incisivo coas olas, mandaba o coiro ó longueiro. Nos últimos intres con máis corazón que cabeza apretou o Barbadás pero o resultado non se movería.

Os Berto, Javi, Juan Carlos, Quintairos, Juan Forri, Fali, Enio, Breogán, Carlos, Xoel Crespo, Joni, Xosé, Carrasco, Julián, Brais e Pablo Campelo demostráronlle ós capitalinos que para colgar o meco hai que xogar con fogo.