Dende a Limia
03:18 h. Lunes, 10 de Diciembre de 2018

“The champions total”

| 09 de Junio de 2018 (21:35 h.)

O equipo de baloncesto feminino alevin  da ED. Baloncesto Xinzo proclamouse fai poucas horas campión da Copa Deputación de Ourense.

Fai unha semana viñan de proclamarse campioas galegas e anteriormente  foron o mellor equipo na liga regular.

TRES DE TRES

324

Nas tres competicións oficiais nas que participaron as compoñentes do equipo que dirixe Luis M. Gil acadaron o primeiro posto. Tamén resaltar que na tempada 17/18 que agora remata contáronse o número de partidos disputados en todas as competicións co número de vitorias, 24 de 24.

Resaltar a traxectoria deste equipo que a principios de tempada non contaba co número de xogadoras mínimo para poder competir, e logo non acadaron rival. Parabéns  as xogadoras e corpo técnico por todos estes triunfos da tempada 2017/18.