Dende a Limia
05:01 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Toñito “Maestro” tivo o seu enésimo homenaxe

| 02 de Septiembre de 2018 (22:39 h.)

Os actos de homenaxe dos veteranos do Antela, ó  que fora, xogador, adestrador de base, utilero, e todo o que se podía ser dentro dun club de fútbol, continúan a esta hora nun afamado local da nosa vila, onde os amigos  tanto da Limia, como de outras partes da “xeografía futbolística” continúan coa festa comezada esta tarde no campo da Moreira.

IMG-20180902-WA0006

PARTIDO DE VETERANOS

As catro e media da tarde comezaron a chegar o campo da Moreira, onde  Toñito ten a súa estatua foron chegando tanto futbolistas en activo como os veteranos do Antela e do Sporting Celanova, que disputarían un partido amigable, onde o menos importante foi o resultado.

Primeiro os representantes de Celanova fixeron unha ofrenda floral e correspondeulle despois  ao representante do Antela acompañado do alcalde de Xinzo Manuel Cabas, que estaba acompañada tamén polo concelleiro de deportes e o que fora presidente do Antela  e tamén alcalde D. Ramón de la Fuente.

Uns rapaces pertencentes as categorías inferiores portaban unha pancarta, para participar activamente neste homenaxe, no cal a familia recibiu agasallos de moitas entidades, equipos e federacións de fútbol e árbitros.