Dende a Limia
01:19 h. Sábado, 21 de Octubre de 2017

Torneo 3x3 de fútbol e baloncesto na Praza Carlos Casares

O. Ferreiro | 06 de Agosto de 2017 (17:25 h.)

Os vindeiros días 10, 11 e 12 de agosto, os clubs A. B. Xinzo e E. D. C. Xinzo –en colaboración coa Concellería de Cultura, Deportes, Xuventude e Festexos– organizarán o "3x3 Xinzo de Limia 2017".

Terá lugar nos novos campos de xogo habilitados para estes días na Praza Carlos Casares, onde os máis cativos poderán participar na modalidade de 3x3 –tanto en baloncesto como en fútbol–.

Así o informou o edil do ramo, Luis Miguel Gil.