lunes 26.08.2019

Torneo triangular para celebrar os 100 anos do Antela

Hoxe sábado a partir dás 18:30
IMG-20190808-WA0007
IMG-20190808-WA0007

Os equipos de Barbadas, Ourense e Antela disputarán un triangular este sábado, dentro do programa que o club limiano está a levar a cabo para celebrar os seus 100 primeiros anos, dende a súa fundación.

Os horarios dos partidos serán 18:30 Antela - Barbadás, 19:30 Ourense - Barbadás e 20:30 Antela - Ourense. En caso de empate e calquer partido celebrarase unha tanda de penaltis.

Presencia institucional e moitos afeccionados

Aos partidos asistirán o vicepresidente da FGF Xosé Manuel Fernández e o delegado na provincia Raúl Rois. Por parte do Concello estarán presentes a alcaldesa Elvira Lama, acompañada polo concelleiro de deportes Rafa Penabad.

Estarán presentes tamén moitos afeccionados e ex xogadores e directivos do Antela. Segundo palabras dun representante do club, este acto é o zénit dentro da serie de acontecementos que vén celebrando o Antela durante este ano para celebrar o centenario.