Dende a Limia
16:57 h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

VIII Torneo de Minibasquet Vilas de Ourense

| 19 de Junio de 2018 (10:14 h.)

O pasado 16 de xuño, a partir das 10:30 h da mañá, tivo lugar o VIII Torneo de Vilas de Minibásquet de Ourense. Tal e como indica o nome, a característica principal deste torneo é que soamente xogan equipos das diferentes vilas de Ourense.

No torneo participaron 150 xogadores e xogadoras e 16 equipos: C. B. Val de Lemos, E.D. Barbadás, C.X. Verín, C. B. Allariz, C. B. Maside e o A. B. Xinzo. As categorías que xogaron son: alevín, benxamín e baby básquet. A medio día, os nenos e nenas gozaron dun momento de relax e diversión na piscina. O torneo durou ata as 19:30 h da tarde, momento no que entregáronse obsequios a todos os clubs participantes.

Todos os nenos e nenas pasáronllo ben cumprindo co obxectivo desta xornada: diversióne fomento do compañeirismo.