Dende a Limia
02:57 h. Miércoles, 20 de Junio de 2018

Volve o futbol Flag a Moreira

| 19 de Mayo de 2018 (14:29 h.)

A X Liga Galega de Fútbol Americano na súa modalidade flag, chegará a Xinzo de Limia o domingo 20 de maio ás 17:00 no campo de fútbol J.A. Carreira.


Esta liga, que comezou a semana pasada, conta con catro participantes de Segunda División do grupo Sur: o club de Xinzo (Antioquía Demons), os Vigo Guardians nas súas categorías feminina e masculina e os Canteiros. Aquel equipo que quede mellor clasificado poderá acceder a primeira división.


Unha cita ineludible cunha modalidade que está arraigando en Galicia. Animáos a ver este espectáculo.