Dende a Limia
03:47 h. Jueves, 19 de Octubre de 2017

Volven os campus de fútbol e ximnasia a Xinzo de Limia

O. Ferreiro | 08 de Junio de 2017 (22:29 h.)

Dende a Concellería de Deportes de Xinzo de Limia informan de que xa está aberta a inscripción para o IV Campus de Tecnificación en Fútbol e para o III Campus de Ximnasia e Minitramp Xinzo de Limia 2017.

O prazo de inscripción remata o vindeiro 15 de xuño.

Un ano máis, o clube E.D.C. Xinzo e o Concello de Xinzo de Limia organizan estes campus onde acostuman a participar –segundo os datos de anos anteriores– case 200 rapaces e rapazas. Terá lugar na semana do 26 ao 30 de xuño, en horario de 10:00 a 13:30 horas –o de fútbol– e de 10:00 a 14:00 horas –o de ximnasia-minitramp–.

O primeiro dos campus será nas instalacións de A Moreira e o segundo no Pavillón Municipal da capital da Limia. A cuota de participación para ambos campus será de 40€ por rapaz ou rapaza. "Son os campus máis baratos que se coñecen", informa o concelleiro de deportes, Luis Miguel Gil, xa que dende a Concellería de Deportes como dende directiva do clube, queren que participe "o maior número de nenos e nenas posibles". O prazo de inscripción remata o vindeiro 15 de xuño.