Dende a Limia
14:09 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

A ximnasta olímpica Carolina Rodríguez impartirá unha masterclass en Xinzo de Limia

O. Ferreiro | 26 de Octubre de 2017 (22:04 h.)

O vindeiro sábado, días 16 de novembro, terá lugar unha master class de ximnasia impartida pola ximnasta olímpica –varias veces campiona de españa– Carolina Rodríguez, en Xinzo de Limia. O evento está organizado polo Concello de Xinzo de Limia e o clube CEDC Xinzo de Limia. Está aberta a todas as ximnastas que desexen participar.

É unha oportunidade sen precedentes.

A inscripción rematará o vindeiro día 3 de novembro, habendo prazas limitadas. Aproveitando a estadía da ximnasta na nosa vila, nese fin de semana organizaranse charlas nos centros educativos. O domingo Carolina Rodríguez participará no Festival de Nadal que organiza cada ano a sección de Ximnasia do clube CDEC Xinzo de Limia.

A cota de inscripción será de 25 euros para os integrantes do Club Escolas Deportivas de Xinzo de Limia e de 40 euros para os ximnastas de outros clubes.