Dende a Limia
15:47 h. Jueves, 19 de Octubre de 2017

Xinzo acolle por primeira vez a xuntanza de seleccións alevíns máis importante de Galicia

O. Ferreiro | 27 de Septiembre de 2017 (21:35 h.)
Cartaz da xuntanza organizada pola Federación Galega de Baloncesto
Cartaz da xuntanza organizada pola Federación Galega de Baloncesto

Este sábado 30 de setembro, no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia, terá lugar a "Xuntanza de Seleccións Alevíns" das delegacións zonais de toda Galicia. Máis de 200 deportistas de todo o país participarán neste evento sen parangón na vila limega.

Ata o de agora, esta importante xuntanza sempre se celebrara en Santiago de Compostela.

Ata o de agora, todas as xuntanzas das tempadas anteriores foron celebradas na capital de Galicia –en Santiago de Compostela–. Trátase da primeira vez que sae da capitalidade do país para recaer a súa celebración noutra capital: a da comarca da Limia.

Dentro dos máis de douscentos deportistas que se darán cita no Pavillón Municipal de Xinzo, o concello limián estará representado por tres xogadores do Club Asociación Baloncesto Xinzo. Trátase de Cris Rodríguez, Paula Rodríguez e Álex López.