Dende a Limia
05:18 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

Xornada de portas abertas do Club Escolas Deportivas de Xinzo de trampolín

O. Ferreiro | 23 de Septiembre de 2017 (20:31 h.)

A sección de trampolín do Club Escolas Deportivas de Xinzo de Limia organizará dúas xornadas de portas abertas no Pavillón Municipal de Deportes os vindeiros días 25 de setembro e 2 de outubro.

Serán dous luns onde, a partires das 18:30 horas, calquera interesado ou interesada poderá achegarse a probar esta disciplina.

Organiza a Concellería de Deportes, Xuventude e Festexos de Xinzo de Limia.