miércoles 21.08.2019

Dis que din que aínda non hai "fumata branca" en Xinzo

catsAta última hora, parece ser que os acordos para formación de goberno en Xinzo faranse esperar. Despois da  2ª reunión mantida onte  polos catro grupos, coa ausencia de Montse Lama, que apoia a Elvira, pero quizais non poida votala por mor de acordos a nivel superior, non puidemos recabar información ningunha dos asistentes. Hai un férreo peche de información, que o único que nos fai sospeitar, loxicamente,  e que os acordos están por vir.