Dende a Limia
12:30 h. Viernes, 28 de Julio de 2017

DIS QUE DIN… que a avoa de Xinzo, Dna. Elvira Tombo segue esperando

| 05 de Julio de 2017 (19:58 h.)

283-2Non segue esperando a cumprir anos porque como xa todos saben vai nos 105, e non vai a para aí. Pero  segue esperando a que o concello de Xinzo se acorde dela, no senso de que era costume ata que ela cumpriu os 100 que o Concello lle fixera un agasallo “un ramo de flores” como fai, ou polo menos facía con todas as persoas centenarias  que son veciños do noso concello. Pero parece que ou se esqueceron de mirar no padrón, ou que Dna Elvira non é merecente dese recoñecemento.

O que está claro e que ela non parou de cumprir dende fai cinco anos que lle correspondía, e seguirá cumprindo, aínda sen ramo e sen recoñecemento municipal.