domingo 17.11.2019

Dis que din que...Cidadáns, Ciudadanos, adiantou a todos polo centro

IMG_20191026_131958
IMG_20191026_131958

Cidadáns adiantou a todos os outros partidos no comezo da súa precampaña, posto que aproveitaron a feira do 27, adiantada ao 26, con un precioso día outonal, para percorrer a feira e despois,  como soe  ser  tamén ritual tomar o polbo no “Pucho”.

Dicimos que adiantou aos outros partidos polo centro, porque ademais de ser os primeiros (que nos seipamos), vímolos polo centro do pobo, facéndose un “selfi” na rúa S. Roque a carón da meiga que anuncia o Samaín.

Montse Lama candidata ao Senado, concelleira en Xinzo,   e Pepe Araujo, segundo ao Congreso acompañados polo coordinador provincial.