Dende a Limia
04:00 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

DIS QUE DIN... que o “clero” da Limia anda de mudanza

| 25 de Agosto de 2017 (22:12 h.)

E non porque o mande a súa Santidade, se non que parece que hai que repartir mellor a comarca, posto que  a falla de curas e grande e uns teñen” moito” e outros “menos”, traballo.

387Segundo puido saber dendealimia o reverendo D. José Carlos, cura de Parada de Ribeira  está a facer as maletas para trasladarse ao oriente ourensán. Alá polas terras de Cambeo. Nin que dicir ten que mais preto de Santiago.

E como esa parroquia e as outras que tiña quedan valeiras farase cargo delas , aínda non sabemos se D. Jaime solo, ou tamén lle tocará a D. Tomas, compartir ese pequeno “traballo” a maiores.

O que non puidemos saber é a opinión dos veciños destas parroquias polo traslado do seu párroco, nin tampouco pola nova incorporación, ou as novas incorporacións.

Como supoñemos que todo foi feito de bo agrado por tódalas partes, dende aquí felicitamos ó que se traslada, e por lóxica ós que veñen, aínda que xa estiveran.