lunes 26.08.2019

Dis que din que o Concello de Xinzo xa se parece máis a Buckingham Palace

Todos os británicos saben se está a súa Raíña no Palacio por unha sinal. Cando a Raíña esta en Buckingham Palace, na torre está o estandarte da súa casa Real. Cando se IMG_20190811_204059atopa fora de Palacio, está solo a bandeira de todos os británicos.
Nos tamén podemos dende agora saber si temos un alcalde ou unha alcaldesa como primeira mandataria do noso Concello. Dende que Elvira Lama foi nomeada primeira autoridade municipal, nos balcóns do edificio, abondan as plantas. No que da á praza Carlos Casares dende fai solo 3 días.
Como ela e todas as mulleres adoitan a dicir, xa se nota que unha muller manda no concello.
Esa é a verdade, nos últimos 40 anos, nós que o noso concello estivo presidido por un home ese balcón xamais estivo adornado.
E dis que din que é a propia alcaldesa é a  que se encarga persoalmente do seu coidado. Polo menos este sábado pola mañá, alguén a viu facendo esas labores cara o mediodía.

Dis que din que o Concello de Xinzo xa se parece máis a Buckingham Palace