Jueves 23.05.2019

Dis que din, que desta é verdade. Vox vai ter candidatura en Xinzo

38193484_1515167261922023_296112890975354880_nDurante todas estas semanas veuse comentando a presenza de Vox como candidatura as municipais de Xinzo. Os mentideiros sempre falaban dun “farmacéutico” aínda cando se querían referir a parella dunha farmacéutica da vila. Este feito foi desmentido polo propio interesado no desfile de Entroido do domingo dicindo que el non se presentaba. “eu voto a Toni”, foron as súas verbas definitivas.

Pero esta mañá dendealimia, e supoño que alguén máis deu co candidato cabeza de lista por VOX para ás municipais.  A semana que ven desvelarase tanto o candidato como a lista definitiva. O único que podemos adiantar e que a festa sempre vai por barrios, e neste caso pois  tamén.