Dende a Limia
02:17 h. Miércoles, 18 de Octubre de 2017

DIS QUE DIN que o PSOE da Limia está... "que no se lo cree"

| 13 de Octubre de 2017 (13:53 h.)

466É por todos sabido, para os que seguen a política municipal, o "chascarrillo" que o alcalde de Xinzo soe utilizar coa portavoz dos socialistas en Xinzo e líder da comarca, en canto á súa afinidade cos líderes tanto nacionais como comarcais que se presentaban ás primarias, é que apoian sempre aos que perden, non acertando nunca cal sería o gañador.

Desta vez, parece que o PSdeG da Limia apoiou ao candidato que foi o gañador nas primarias galegas, Gonzalo Caballero, co que si sabemos que todos están contentos, loxicamente.