Dende a Limia
22:26 h. Miércoles, 18 de Julio de 2018

Dis que din que o “Pucho” xa está recuperándose na casa

| 17 de Abril de 2018 (22:57 h.)

IMG_8081Fai xa 5 dias que o veciño da vila coñecido por todos “O Pucho” xa se encontra de repouso na súa casa coa súa familia despois de sufrir un contratempo un pouco serio  que o mantivo internado nun centro hospitalario galego, do que afortunadamente xa se conta en pasado O que si comentaron os seus achegados  é que para nada tivo que ver o precio que está acadando o polvo nestas semanas.. A familia está abraiada de todas as chamadas e mensaxes interesándose polo seu estado físico querendo dar as grazas por este medio a todos aqueles que se interesaron polo seu estado.

A recuperación parece ser que vai a ser lenta, contando tamén de que para o Entroido 2019 aínda quedan uns meses. Parabéns para el e os seus.