Lunes 27.05.2019
AGER : Agrupación de Electores de Rairiz de Veiga.

AGER, presenta aos seus compoñentes e os motivos polos que se fundaron como agrupación electoral

O Concello ten unha débeda de máis de un millón de euros

Con este nome nace unha  alternativa veciñal para acudir ás próximas eleccións municipais e

ofrecer aos  veciños e veciñas de Rairiz de Veiga un cambio de goberno, que impulse e dinamice un concello, que leva xa preto de vinte anos coa mesma política, unha débeda( un millón e algo de euros) tan grande como o presuposto , e que o Concello non ten explicado ós veciños de como se foi xestando, e que cada día que pasa empeora a situación e desanima á xente, que non ve melloras na súa vida diaria.58895061_2206598239405408_7552651607209410560_o

 Desigualdades nas actuacións do Concello tanto coas persoas, como coas distintasl

localidades do mesmo (rozando actitudes caciquís). Séguese a perder poboación, a xente

nova marcha e non existe ningún tipo de políticas activas para atallar a situación.

Ante esta desastrosa xestión , numerosos veciños alentaron o nacemento dunha

alternativa que se puidera enfrontar con éxito ós actuais gobernantes e dera un cambio na

forma de gobernar e de facer as cousas; así, púxose en marcha AGER, un grupo de veciños e

veciñas, á marxe dos partidos políticos, moi transversal, que deixando de lado as nosas

preferencias, creamos unha lista con persoas das distintas aldeas e pobos do Concello e que

nos propomos como obxectivos fundamentais: unha xestión mais igualitaria e xusta para

todos.

Un mellor aproveitamento e potenciación dos recursos do Concello que redunde en

beneficio dos seus habitantes. Unha maior atención a poboación maior ,no que lle competa

ó Concello, interesándose polas súas necesidades, dado que son o sector máis numeroso.

Conxelar, na medida do posible, os impostos do IBI e de circulación, que non fan mais que

subir ano tras ano, mentres outros concellos levan anos con eles conxelados (Vilar de Santos

é un exemplo). Dado que o entorno natural é un activo fundamental : Reserva da Biosfera

Rede Natura- Espacio protexido, tentar conseguir o máximo de axudas que estean

establecidas (das que o actual goberno por desidia ou ignorancia non fai) e que os veciños

se beneficien dun xeito máis directo delas: postos de traballo, melloras nos seus pobos,...

Respectar os dereitos sobre os bens comunais das distintas localidades, e non levar a cabo

actuacións arbitrarias e contrarias ó sentir dos veciños. E por último, entre outras, ofrecer

unha correctísima atención ós veciños por parte do persoal administrativo, traballadores e

persoal electo , para que cando vaian o concello, sexa coa confianza de que serán ben

atendidos.