Lunes 27.05.2019

O BNG presenta o seu programa de goberno e a web de campaña para achegar á cidadanía o proxecto dun Xinzo novo

Candidatura BNG- Xinzo
Candidatura BNG- Xinzo

O BNG presenta o seu programa de goberno e a web de campaña para achegar á cidadanía o proxecto dun Xinzo novo

Xinzo da Limia, 15 de maio de 2019

Nun esforzo por levar as nosas propostas directamente á cidadanía de Xinzo, no BNG apostamos por trasladar parte da nosa campaña á rede paralelamente aos mitins, encontros e demais actos públicos que estamos a realizar. Para conseguilo poñemos a disposición das veciñas e veciños a web coasideasclaras.bngxinzo.gal que contén toda a información sobre a candidatura e o programa electoral. Tamén estaremos presentes nas redes sociais onde publicaremos diariamente actualizacións sobre a campaña, así como pequenas vídeopropostas nas que os membros da candidatura falarán dos puntos máis importantes do programa electoral.bng 2

Os nacionalistas presentamos un proxecto ambicioso que pretende por en marcha un novo modelo de vila, que garanta uns servizos públicos de calidade e que reactive a economía e o comercio, un goberno que aposte por un Xinzo humanizado e ben comunicado, sempre cunha xestión transparente, rigorosa e solvente.

Asemade, por coherencia e porque pensamos que é o lóxico e o desexable nun sistema democrático, lembramos a nosa proposta de levar a cabo un debate entre todas as candidatas e candidatos a alcaldía de Xinzo, para poñer sobre a mesa e contrastar as ideas e proxectos de futuro para o noso municipio.