Domingo 21.04.2019
AÍNDA NON HAI NADA FIRME NO TOCANTE A CANDIDATURA DE VOX

O “candidato” de Vox por Xinzo, presenta denuncia na Garda Civil

Polos adhesivos aparecidos no seu local comercial

José A. Lorenzo
José A. Lorenzo

Na mañá do venres José A. Lorenzo Feijoo, presentou una denuncia na Garda Civil de Xinzo polos feitos acontecidos o martes 19 a primeira hora.

Segundo relata o propio José A. cando viñeron abrir o local a primeira hora da mañá atopouse con dúas pegatinas  con un texto ofensivo e cunha diana pintada. En principio non lle deu importancia, ata que o día seguinte nun viaxe a Vigo e falando co seu avogado aconselloulle que presentara a denuncia.

IMG_20190322_193124Ese mesmo día mandeille as fotos ao partido de VOX, para informarlles a eles o acontecido e sen que eu dixera nada, mandaron o comunicado a un xornal provincial, indicándome ademais que os seus asesores tamén entendían que era mellor que presentara a pertinente denuncia no cuartel. Por estes consellos, foi polo que presentei a denuncia, entendendo que isto vai a ter pouco percorrido, e q que por outra parte, en Xinzo e a comarca todo o mundo me coñece, e estas cousas non me afectan.

AÍNDA NON HAI NADA FIRME NO TOCANTE A CANDIDATURA DE VOX

Ata este momento as cousas non están pechadas. Eu encabezo unha lista que está xa case pechada porque os membros de VOX que falaron comigo ofrecéndome encabezar a lista simplemente puxeron como condición de que o primeiro da lista tiña que estar afiliado ao partido. Foi por este ofrecemento  polo que me puxen a traballar  e a elaborar unha serie de cuestións que eu entendo prioritarias para levar, como propostas na campaña. Pero parece ser que as cousas a niveles superiores cambiaron un pouco e agora queren que todos os que vaian na candidatura estén afiliados, cousa que cambia bastante o panorama.
Este martes manterán  unha reunión en Xinzo e será aí onde tanto pola súa parte, como pola nosa decidirán  si vamos con esas siglas ou non. De momento o único que hai e unha lista de persoas que se queren ou que pretendemos presentarnos para  formar parte da corporación, para ver si lle damos un xiro a este noso pobo, pero tanto pode ser con VOX, como independentes. Todo  depende do que se acorde na reunión do martes.