Lunes 27.05.2019

Ciudadanos Xinzo, segunda candidatura en ser presentada

IMG-20190419-WA0000

Montse Lama, segundo lle consta a dendealimia.com, foi a segunda candidatura presentada na Xunta Electoral de Ourense. Neste caso foron menos de 5 horas as que separaron IMG-20190419-WA0001as presentacións da primeira e da segunda.
Dendealimia non ten constancia de que xa se presentaran as listas das demais candidaturas. Si temos constancia de que o PP na tarde de onte andivo chamando aos futuros candidatos a formar parte da mesma a reunións que parece ser continuaran ata o fin de semana.
Montse Lama, pola súa conta segue afirmando que a súa candidatura vai a causar sorpresa polas persoas que  a forman, toda xente implicada co pobo, que nunca estiveron en política. Recordar que será presentada o próximo  3 de maio no mesmo lugar que anunciou a súa incorporación a Ciudadanos.

Con este comunicado a exconcelleira de Xinzo e aspirante agora a alcaldía quere disipar os comentarios e rumores que viñan sendo difundidos polos seus contrincantes no senso de que , non sería capaz de pechar unha candidatura completa.

Comentarios