Domingo 16.06.2019

Goberno de coalición en Vilar de Barrio

BNG- PSdG-PSOE

Soraya  Briz e Ramón Conde
Soraya Briz e Ramón Conde

Na mañá de onte presentáronse nunha rolda de prensa o que será o alcalde  e a tenente de alcalde que o día 15 serán elixidos para gobernar durante estes catro anos o concello de Vilar de Barrio.

Ramón Conde do BNG será o alcalde despois de acadar o seu partido 4 concelleiros e Soraya Briz do PSdG-PSOE que acadou 1 suficiente para entre ambas formacións ter a maioría absoluta.

Total sintonía

Ramón Conde manifestou a dendealimia que existe unha total sintonía nas dúas formacións chegando a os acordos en canto ao límite de gasto e custes da corporación, así coa forma de funcionamento con reunións semanas para analizar tanto o que se fixo mesa semana como na programación para a semana seguinte.