Jueves 23.05.2019

JOSÉ LUIS ÁLVAREZ ELEXIDO CANDIDATO Á ALCALDÍA DE BANDE

O candidato socialista destaca que  “vamos a levar os veciños o eterno debate de se os cartos que se están destinando o equipo de fútbol, estarían mellor invertidos en servizos sociais e que eles decidan”

Jose Luis Alvarez-Bande PSOE
Jose Luis Alvarez-Bande PSOE

O PSdeG PSOE de Ourense confirma o seu trixésimo candidato de cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio. A agrupación municipal socialista de Bande elixiu a José Luis Álvarez López como o seu candidato a alcaldía da localidade. O novo voceiro socialista chega dende o seu traballo para administración do estado e co obxectivo de gañar as eleccións nun concello onde o goberno pasou de muller a marido fai unhas lexislaturas, o máis puro estilo absolutista da provincia.

José Luis Álvarez explica que se presenta as eleccións porque “quero sacar a Bande do estado no que o sumiron as políticas de dereitas dende a época franquista e porque o municipio precisa un cambio e apostar por políticas sociais para recuperar o bo estado dun municipio que é cabeceira de comarca, berce de civilizacións, antigo partido xudicial e con boas comunicacións e un excelente emprazamento”.

O novo voceiro socialista remarcou que “fai falla inverter en políticas de xeración de emprego para frear a crise agudizada do peche de establecementos e falta de axudas e incentivos para novas empresas. Precisamos potenciar tamén a mellora dos accesos a vila e facer unha inversión para atraer poboación a unha vila que dende 2013 perdeu máis de 700 habitantes e no que as afiliacións a Seguridade Social reducíronse nun 13,24%”.

O candidato socialista apunta que “queremos apostar por un modelo de xestión no que alcalde non esté remunerado, xa que consideramos que supón un gasto excesivo para as arcas municipais e apostaremos pola transparencia. Levaremos os veciños o eterno debate que xorde na vila de se os cartos que están destinados o equipo de fútbol, non estarían mellor invertidos en servizos sociais, nós creemos que si, pero será a veciñanza a que decida”.