Sábado 23.03.2019

Mª Carmen Yañez repite como candidata do PP a alcaldía de Lobios

"Unha decidida aposta para seguir poñendo en valor o termalismo, que é un dos nosos grandes recursos”

María del Carmen Yáñez Salgado (Ourense, 1976) estará de novo á fronte da lista que o Partido Popular presentará no Concello de Lobios para as municipais de Presentacion_Candidata_PPOU_Lobios.2019.webmaio, “cunha decidida aposta para seguir poñendo en valor o termalismo, que é un dos nosos grandes recursos”. Un reto, “imaxinado tamén en clave de provincia”, dixo o presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, para quen a candidata “demostra así o seu grao de esixencia, reivindicación e defensa do intereses de Lobios”.
Alcaldesa desde 2011, a máis moza de Galicia daquela, María del Carmen Yáñez tiña como obxectivo básico “acabar coa parálise na que o bipartito tiña sumido ao concello”. O primeiro mandato, relata, “foi  de saneamento das contas, xa que tiñamos unha enorme débeda”. Era un primeiro paso imprescindible para pensar, nun segundo mandato, noutro tipo de actuacións “como poderán ver en breve coa residencia da terceira idade, ademais da posta en valor de elementos patrimoniais nos pobos ou o servizo de emerxencia, fundamental para atender eficazmente a unha poboación moi dispersa”.
Pensando nun novo mandato, a candidata xa sentou as bases para cumprir unha das súas máis importantes apostas, “como é seguir a poñer en valor o termalismo, ampliando o espazo termal de Río Caldo cun singular proxecto de turismo deportivo, en colaboración coa Fundación San Rosendo-Grupo Caldaria e a Deputación, que podería converternos en referente deportivo transfronteirizo”. Todo elo sen deixar de pensar en mellorar servizos para ofrecer un lugar onde residir con calidade de vida.
Yáñez tamén amosa a súa satisfacción polo nivel de colaboración cos outros concellos da comarca, afirmando que “somos un exemplo, mantendo reunións periódicas para analizar proxectos conxuntos que se convirtan en realidades, como o da Raia Termal ou a fronteira esquecida”.

O Concello de Lobios, remarcou pola súa banda o presidente provincial, Manuel Baltar, “ten un innegable protagonismo na provincia pola súa condición termal e, para materializar todos os proxectos que se plantexen neste ámbito, non hai ninguén mellor que a candidata, por iso para o Partido Popular é unha moi boa noticia que decidise dar este novo paso”.

Para Baltar, falar de María del Carmen Yáñez “é falar de garantía de goberno e de esixencia, porque tamén é unha convencida do aproveitamento que ten o carácter lindeiro do concello con Portugal, da riqueza forestal do seu territorio ou do atractivo turístico que tamén ten co parque natural do Xurés, que seguro será un dos percorridos favoritos dos visitantes que se acheguen a Ourense coas facilidades que nun futuro moi próximo ofrecerá o AVE”.