Martes 18.06.2019

Os militantes de Xinzo cumpriron co “rito”

Ás 00:00 estaban todos preparados para a pegada

Dúas foron as anécdotas da noite da tradicional pegada dos carteis.

Pegada 2

A primeira foi que cando chegaron os militantes pertrechados cos carteis a cola e as vasoiras, déronse conta que os paneis non estaban sorteados. Tiveron todos que esperar, nun bo ambiente de camaradería, a que chegase o alcalde para tomar una decisión. Alí mesmo se fixo o sorteo dos carteis e todos mans a obra para deixar aos seus candidatos correspondentes o máis lustrosos que podía cada un.

Pegada1

Unha vez rematada a tradicional “pegada”, o seguinte paso foi tomar un café para charlar un pouco de política e retirarse, posto que mañá e día de traballo.

A outra anécdota, contarémola nun “dis que din”, no día de mañá.