Lunes 27.05.2019
MUNICIPAIS 2019

O PP presenta o seu programa electoral en man, casa por casa

Dividido en sete grandes áreas de actuación

Candidatura PP
Candidatura PP

PROGRAMA DO PARTIDO POPULAR DE XINZO DE LIMIA:

toniDende o Partido Popular de Xinzo de Limia,  apostaremos por unha política municipal activa centrada no desenrolo do noso municipio, pondo en marcha un Plan Integral que siga mantendo a guía de recuperación de Xinzo, mellorando infraestructuras, modernizando os servizos públicos tomando como eixe principal a dinamización económica, agraria, cultural e social do municipio, abarcando novos proxectos e servizos que transformen  a Xinzo nun municipio  moderno, competitivo e que atenda as demandas sociais, comerciais, laborais, de ocio e de mobilidade , con respecto aos parámetros de calidade de vida  dos nosos cidadáns.

Destacamos como eixos principais do programa as seguintes liñas de actuación:

Economía e Facenda:

  • Conxelación e Reducción de impostos municipais.
  • Asesoramento municipal para a creación do autoemprego (empresas, negocios…), tramitando subvencións e axudas e reducción na resolución de licenzas municipais.

Servizos Sociais, Igualdade e Benestar:

  • Mellora de atención ós colectivos vulnerables, con incidencia especial nos nosos maiores, atendendo directamente as súas inquedanzas e necesidades, coa posta en marcha de novos servizos: creación dunha nova residencia xeriátrica e mantendo dos servizos actuais (Centro de día), Centro de Maiores.
  • Acondicionamento das institucións municipais para a implementación do servizo de atención á dependencia.
  • Dar maior cobertura á demanda existentede axuda no fogar,.
  • Recuperar para o Concello de Xinzo a homologación dos cursos de atención sociosanitaria a persoas dependentesen institucións sociaiscon gran demanda social e cun gran nicho de emprego.
  • Seguir promovendo a igualdade e a prevención e tratamento integral da violencia de xénero coa creación dun novo plan de igualdade, e dándolle continuidade o servizo de atención e asesoramento á muller (CIM).
  • Incorporación daPolicia Local Municipal ó Sistema VioGén para a protección das vítimas de violencia de xénero e doméstica.
  • Seguir mantendo o servizo de aloxamento e manutención ás vítimas de violencia de xénero cando as agresións se produzan en fin de semana ou fora do horario laboral, mentres non se resolva a súa situación e por motivos de seguridade.

Medio Ambiente e Medio Rural:

  • Control exhaustivo dos vertedoiros incontrolados.
  • Limpeza e acondicionamento das principais pistas e canles de concentración parcelaria e do Rio Limiacoa firma de novos convenios coa Xunta de Galicia e coa Confederación Hidrográfica.
  • Novas pavimentacións e asfaltado de pistas principais de acceso ós pobos, mellorando a accesibilidade ós mesmos.
  • Completar a rede de saneamento e funcionamento da depuración de augas residuais e instalación de novas depuradoras onde sexan precisas.
  • Loita desmesurada contra o despovoamento do medio rural: mellorando servizos, abaratamento do custo da licencia de obramuncipal para a rehabilitanción de vivenda rural; e instalación de Wiffi rural e cobertura 4 G móbil en todos os pobos e aldeas do municipio; así como conservación e nova creación de zonas de ocio dentro dos pobos dirixidas fundamentalmente os/as nenos/as e persoas maiores; rehabilitación e mantemento dos locais sociais dos pobos e aldeas que o requiran.
  • Rematar as últimas fases do Plan de Regadio da Limia.
  • Creación dun salón monografíco agrícola-gandeira da Limia, que sirva de escaparate ós nosos produtos.

Urbanismo, Obras, Infraestructuras e Vivenda:

  • Desconxestionamento do tráfico pesado ao seu paso polo centro urbán coa creación dunha circunvalación adicional.
  • Reestructuración e acondicionamento integralda travesía da avenida de Ourense e avenida de Madrid.
  • Reestructuración e acondicionamento da Praza de San Roque.
  • Mellora do sistema de iluminación e rotulación dos viales de todo o Parque Empresarial.
  • Mellora e conservación de todas as rúas do casco urbano.
  • Acondicionamento completo do recinto doGrupo San Sebastián.
  • Reforma Integral da zona central do Casco Antigo da Vila de Xinzo.

 Educación, Cultura e Turismo:

  • Mantemento das instalacións dos Centros Educativos.
  • Potenciación dos Consellos Escolares.
  • Potenciación e asesoramento sobre educación vial e boas práticas civicas.
  • Creación dun Plan de Ordenación turística que permita a dinamización e revitalización turística, gastronómica e de festexos do municipio, con mención distinguida ao Entroido como festa de interese turístico internacional, a festa do esquecemento e o magosto.
  • Mantemento e catalogación do patrimonio arquitectónico, monumental e artístico do Concello de Xinzo de Limia, con atención especial ó Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras e á Torre de Pena.
  • Seguir potenciando as festas patronais dos pobos e aldeas do Concello de Xinzo, con subvencións municipais para as mesmas.
  • Manter todas as actividades culturais do Concello e promover outras novas en consenso cos cidadáns e ás asociacións.
  • Acondionamento, limpeza e sinalización e homologación dos roteiros máis relevantes da Limia: Rota Franciscana e Rota da Gorgoloza.

Mocidade, Empregoe Deporte:

  • Facilitar a creación de iniciativas de carácter xuvenil, relacionadas coa música, ocio e deporte a través de subvencións específicas.
  • Fomento do emprego a través da creación de novas empresas dentro do parque empresarial, favorendoa accesibilidade ó suelo, así como bonificación de impostos.
  • Posta en marcha de novos obradoiros de emprego xuvenil e de desempregados, coa finalidade de facilitar a súa inserción laboral.
  • Potenciar o servizo municipal de axencia de emprego coa finalidade de facilitarlle o cidadán un asesoramento puntual sobre a creación de novas empresas e negocios.
  • Apoio municipal a novos emprendedores.
  • Incremento da formación especializada para xoves agricultores coa homologación de cursos específicos sobre o sector.
  • Ampliación con nova creación de áreas deportivas específicas dentro do núcleo urbano.
  • Incremento e mantemento das Escolas Deportivas Municipais.
  • Remodelación e acondicionamento da sala de fitnnes e cardio da Piscina Climatizada.
  • Mellora da fachada do Pavillón Municipal de Deportes.
  • Mellora e modernización das instalación das piscinas exteriores
  • Construcción de gradas e renovación do alumbrado do campo de herba sintética “José Antonio Fernández Carrera “.
  • Construcción dun módulo cuberto de atletismopara os adestramentose competicións de novos atletas.
  • Crear un carril bici e peonil que una o noso casco urbán coas instalación de “A Moreira”.

Ordenación Municipal, Tráfico e Persoal:

  • Seguir mellorando o funcionamento das distintas áreas e departamentos do municipio apoiándose nas novas tecnoloxías como ferramentade demostrada efectividade.
    • Asesoramento puntual ós cidadáns nas distintas xestións municipais (solicitudes, derivacións e axilidade na resolución).
  • Regulación efectiva e funcional do tráfico dentro do casco urbano con novas sinalizacións.